lunes, 26 de noviembre de 2018

ORGANIZACIÓN BENÉFICA



Holaa! Queremos informarvos que este vindeiro 1 de decembro todas as tendas de Zona Centro estaremos no salón de Peña co motivo de recadar fondos para o refuxio de Cambados.
En este último ano o refuxio recibiu e rescatou máis animais dos que en este collen. Non dispoñen de sitios para ningún can nin gateiras para ningún menino máis, é por isto que queremos recadar fondos para de algunha maneira poder botarlle unha man e axudar a que o refuxio funcione mellor e todos os preciosos animais que por desgracia viven alí esteen en mellores condicións das que na actualidade están.
Deixámosvos por aquí a páxina e o número de teléfono por se estades interesados en adoptar ou de algunha outra maneira axudar:

https://es-es.facebook.com/refugiodecambados/
TLF: 673 53 33 60

Tamén recordarvos que todos os domingos teñen o "sacanos de paseo" que como ven di o nome consiste en sacalos un pouco da rutina e levalos a dar un largo e tendido paseo polos redores do refuxio.

Esperámosvos! Gracias por todo un día máis!

BLACK FRIDAY



Non o esperabades? Pois non iamos a quedarnos atrás! A partir de mañá 22 de novembro ata  vindeiro 24 teredes un 20% de desconto en algúns produtos mentres que en outros teredes ata o 50%!!!!!!!

E non so teredes descontos na tenda física se non tamén na tenda online! Dende o 22 de novembro ata  25 co código aliginhasblack  obteredes un 10% máis de desconto po riba do xa establecido e o envío será gratuíto, si, GRATUÍTO!

Dende o equipo de Algiñas esperamos que poidades disfrutar e aproveitar todos os nosos descontos!

Visita CEIP San Tome




Boísimas tardes! Hoxe pola mañá recibimos unha estupenda visita dos nenos do colexio CEIP San Tome. Tivemos a oportunidade e explicarlles un pouco mellor a importancia que teñen as algas e os beneficios que estas aportan a nosa saúde. Como ben esperabamos resultoulles algo completamente extraño que estas se puideran comer e que tiveran tantas vitaminas beneficiosas para a saúde. Moitos eran os que facían ruídos e xestos de rechazo a este tipo de alimentos e ás probas que lles permitimos facer cos cosméticos, pero estamos seguros que un porcentaxe de estos cativos lles entrou a curiosidade e que pronto pedirán nas súas casas pratos con este novo ingrediente que acaban de descubrir.

Que non se vos olvide que se non o probas nunca sabrás se che gusta ou non! E que é moi importante acostumar os máis cativos dende pequenos a probar todo tipo de alimentos e ensinarlles todos os beneficios que estos poden ter .

COSMÉTICOS


Holaaaaaaa, benvidos un día máis! Esta ves traimovos un pouco de información sobre os cosméticos que están feitos con algas e os beneficios que estos aportan a nosa saúde.


 O uso das algas nos cosméticos da o seu inicio a principios do siglo XX nos primeiros laboratorios especializados na investigación e comercialización dos cosméticos baseados en algas. Os primeiros produtos elaborados con algas son: xabóns, cremas de afeitado, champús, tintes, maquillaxe, espuma e diversos produtos de baño.
Pouco tempo despóis de que estes deran o seu inicio no mercado tiveron unha gran demanda gracias o seu alto contido de oligoelementos, sales minerais, vitaminas e aminoácidos que sirven para que a nosa pel teña un aspecto diferente. 

Os cosméticos feitos con algas teñen lugar a dus niveis:

  • AS ALGAS COMO AXENTE ACTIVO: as algas poseen, entre outras, grandes propiedades tonificantes, hidratantes, suavizantes, depurativas, drenantes, antioxidantes e nutritivas. Temos que ter en conta que a súa eficacia varía en función da dosis e o extracto utilizado. 

Depurativa: as algas estimulan a circulación e favorecen a eliminación de toxinas.
Hidratante: todos os tratamentos que teñan extractos de algas teñen un  gran poder hidratante, xa que estes liberan sustancias xelatinosas que aportan un plus de auga a dermis.
Nutritiva: as algas cnteñen glúcidos, lípidos, minerais e oligoelementos.
Tonificante: que a pel se lle aporten minerais aumenta a elasticidade e o tono disminuindo a flacidez.

  • LOS FICOCOLOIDES: proporcionan unha textura suave e untuosa como axente gelificante e moderador da pel.
ALGAS MÁIS UTILIZADAS EN COSMÉTICA:


- Algas pardas.
- Algas rojas.
- Algas verdes.
- Algas verdes-azuladas.


viernes, 23 de noviembre de 2018

ALGAS

Hola, holaa! Hoxe traemosvos un pouquiño máis de información sobre o mundo das algas. Esperamos que vos sirva de axuda. Un biquiño!

Que son as Algas?

As algas son plantas acuáticas que poden ser pluricelulares e unicelulares. Realizan unha das maiores aportacións de oxixeno ó planeta. Actualmente o termino "alga" refírese a organismos que teñen células con núcleo. Ademais son seres fotótrofos: dispoñen da capacidade de utilizar os rallos solares como fonte de enerxía. Hai que destacar que entre os diferentes e múltiples tipos de algas, hai varios que se aproveitan polos seres humanos.

Para que se utilizan?


  • Existen algas que son utilizadas como alimentos. Unha das razóns polas que as algas son utilizadas neste sector é que dispoñen de interesantes propiedades nutricionais. Trátase de un ingrediente importante na cociña, en especial na cociña china, coreana, noruega, irlandesa, española.... Cabe destacar que existen cerca de 25.000 especies de algas recoñecidas polo ser humano; tan so poucas se poden utilizar no sector da alimentación. Teñen un considerable contido de vitaminas e minerais, algunhas tamén aportan un alto contigo de proteínas.
  • As algas tamén se poden emplearse para a produción de cosméticos, biocombustibles e fertilizantes.

Como se venden?

Pódense vender de diferentes maneiras: 


  • En polvo.
  • Deshidratadas.
  • En conserva.
  • Frescas.

BENVIDOS!

Moi bos días a todas e todos! En este pequeno espazo ampliaremos a información sobre a nosa empresa e todos os produtos e servizos que lles ofreceremos. Moitas gracias pola vosa visita e a vosa confianza en nos! Un enorme saúdo.

¿Que é ALGIÑAS?

Algiñas é un pequeno establecemento donde se lle ofrecerán produtos como: alimentos, cosméticos... todos eles beneficiarios para a saúde. 


¿En donde estamos?

Poderá  atoparnos nun pequeno municipio do Salnés, en Cambados. Un pobo mariñeiro que acaba de ser nomeado como a Cidade do Viño Albariño.

Enderezo: Calle del Príncipe, nº 2 Cambados.


                                              https://goo.gl/maps/6p2ceDxcdw82

Horario

De Luns a Venres

Mañá: 09:30 - 13:30
Tarde: 16:30- 20:30

Fin de Semana

Mañá: 09:30 - 14:00
Tarde: 17:00- 21:00