lunes, 26 de noviembre de 2018

Visita CEIP San Tome




Boísimas tardes! Hoxe pola mañá recibimos unha estupenda visita dos nenos do colexio CEIP San Tome. Tivemos a oportunidade e explicarlles un pouco mellor a importancia que teñen as algas e os beneficios que estas aportan a nosa saúde. Como ben esperabamos resultoulles algo completamente extraño que estas se puideran comer e que tiveran tantas vitaminas beneficiosas para a saúde. Moitos eran os que facían ruídos e xestos de rechazo a este tipo de alimentos e ás probas que lles permitimos facer cos cosméticos, pero estamos seguros que un porcentaxe de estos cativos lles entrou a curiosidade e que pronto pedirán nas súas casas pratos con este novo ingrediente que acaban de descubrir.

Que non se vos olvide que se non o probas nunca sabrás se che gusta ou non! E que é moi importante acostumar os máis cativos dende pequenos a probar todo tipo de alimentos e ensinarlles todos os beneficios que estos poden ter .

2 comentarios: